Mi cuenta
    Trote
    Nota media
    3,1
    1 nota
    ¿Tu opinión sobre Trote ?

    1 Crítica del usuario

    5
    0 crítica
    4
    1 crítica
    3
    0 crítica
    2
    0 crítica
    1
    0 crítica
    0
    0 crítica
    Ordenar por
    Mejores críticas Últimas críticas Usuarios que han publicado más críticas Usuarios con más seguidores
    Borja D.
    Borja D.

    14 usuarios 28 críticas Sigue sus publicaciones

    4,0
    Publicada el 26 de mayo de 2020
    “Trote” é unha das películas máis destacadas da cinematografía galega nos últimos anos. E non é para menos, pois Baño debuxa unha largometraxe chea de aspectos interesantes, na que, paradoxicamente, é a ausencia a protagonista deste filme. Por que? Pois basicamente porque é a figura da mai, falecida xusto antes de que comece a historia sobre a que pivota as relacións entre o resto dos membros da familia.

    O que hai que destacar, por riba de todo, é a marabillosa posta en escena. Sen movementos de cámara, filmando exclusivamente o que está dentro do encadre, con paciencia, procurando filmar o tedio, o proceder paseniño da vida do rural galego. En “Trote” o tempo adquire densidade, facéndolle moito máis difícil a vida ás personaxes. E son estes onde de forma máis acusada, se mostra o talento de Baño. Nunha familia onde, a maiores da ausencia da nai, existe unha forte ausencia de lazos afectivos e comunicativos entre os resto da familia (quizais a causa dese mesmo falecemento), as personaxes, cando comparten encadre, case nunca están os dous filmados de forma nítida. Sempre hai alguén que está borroso, evidenciando esa carencia comunicativa e afectiva.

    Ademais, as personaxes o personaxe de Marta Vázquez, o máis afectado pola perda da nai, é filmado moitas veces na marxe do cadro, para enfatizar que se atopa fóra de lugar, que a propia vivenda familiar, o que debería ser o seu fogar, a oprime. Do mesmo xeito que o curro oprime ás bestas (trazando destra forma a propia analoxía que busca Baño). Mais, por moito que este espazo os oprima, é necesario, xa que é unha parte cos define.

    Mais, a ausencia tamén existe a nivel social. Este queda reflexado na figura do fillo, emigrado do entorno rural en busca dunha maior estabilidade económica (tal e como llo recalca o propio pai). Está situación vese a cotío en Galicia. Día si e día tamén. Isto provoca a perda (ausencia) da poboación do rural e a destrución deste entorno e dos seus costumes, como é a propia Rapa das Bestas (evento sobre o que xorde un interesante debate, pero que non é menester comentar neste análise).

    Por outra banda, resulta moi interesante coma Baño desmitifica o estereotipo de que Galicia é un matriarcado ou que Galicia non é patria, senón matria. Non nos confundamos nin fagamos lecturas utópicas. A personaxe da filla (Marta Vázquez), pese a que semella ser quen mantivo en pé á súa familia neses momentos de fraqueza, sobre todo da nai; está sempre supeditada ao xugo do seu pai. O patriarca. Quen dita o que se fai e como se fai. Así de simple. Esa imaxe do matriarcado, estereotipada ata a saciedade é unha falacia. A razón de ser desta imaxe falsa é moi sinxela: a emigración. Quen emigraba en busca da mellora económica da familia? O home. Quen quedaba na casa salvagardando o pouco que quedaba? A muller. A obra base da cinematografía galega, Sempre Xonxa, xa trataba esta cuestión. E novamente estamos, ante a ausencia.

    E Baño é moi intelixente á hora de prantexar este aspecto; e sobre todo, resulta moito máis interesante se isto se faio dende o propio berce do cinema galego, o cal, en ocasións adoece de mostrar unha imaxe un tanto idílica. Situación, en cambio, que o Novo Cinema Galego está procurando cambiar.

    Polo tanto, “Trote” é unha nova demostración do enorme talento que existe no cinema galego. Ademais, a modo de apunte final, tamén é moi interesante como Baño non emprega música extradiexética para suxerir un determinado sentimento. Ningunha das personaxes está nunha situación anímica idónea para que se lle acompañe cunha melodía alegre. É, polo tanto, unha resposta coherente ao desenvolvemento da trama. Ausencia. Outra vez.

    “Trote” vén sendo unha película moi ben realizada, ca cal, xunto con Trinta lumes e O que arde, serven para trazar un tríptico sobre a situación do rural galego. Feito dende a propia perspectiva do galego, pero cunha mirada crítica e verídica. E iso, como galego, agradécese. A presenza do Novo Cinema Galego na esfera da crítica e das salas comerciais é unha das mellores noticias posibles para a cultura galega. Un movemento cinematográfico que vén para quedarse. Vaites! Desta volta xa non se fala de ausencia...
    ¿Quieres leer más críticas?
    Back to Top